martes, 21 de julio de 2015

INSCRICIÓNS enviar un correo a:

diadapatriavm@gmail.com

PREZO CONVIVIO : 10€
Val Miñor 17 de xullo de 2015

Manifesto pola unidade no día da Patria

                As persoas que asinamos este escrito, veciños e veciñas do Val Miñor, sentímonos ao mesmo tempo cidadáns e cidadás dunha nación negada en gran parte dos seus dereitos políticos que non queremos deixar de reivindicar no día da nosa nación, da nosa patria , da nosa matria, de Galiza.
                Vivimos un tempo excepcional. O paro, a pauperización, os recortes en sanidade e educación, os problemas económicos e sociais do noso país, na vez de mellorar, agrávanse. As políticas europeas, do goberno central e da Xunta, non só impiden a recuperación económica senón que prolongan a crise para aumentar os beneficios dos oligopolios financeiros.
                 Afrontamos unha recentralización que  dificulta a supervivencia de empresas e   traballos e pretende liquidar sectores produtivos enteiros, ao tempo que conduce á desaparición da nosa lingua e cultura.
                Galiza precisa existir con forza para defender os seus intereses inmediatos e estratéxicos como nación.
                Sabemos da inmensa forza da unidade, do enorme potencial de ilusión e entusiasmo colectivo que poden xerar a defensa da nación e da soberanía. Estamos na hora de andar ese camiño.
                As persoas que subscribimos este chamado pedímoslle ás forzas políticas que den exemplo da unidade cívica, e renuncien  a patrimonializar  este acto do 25 de xullo de vital importancia na nosa historia.
                Cada un dos e das asinantes, facémolo de xeito persoal porque é a forma máis nidia de expresión da cidadanía: a suma das vontades individuais. E coas nosas sinaturas queremos manifestar tanto o desexo de marcharmos tod@s polas rúas de Compostela detrás da faixa que, baixo o lema A nación galega será portada por xente do común en representación dos homes e mulleres que son os lexítimos donos da galeguidade: a maioría do pobo galego, a cidadanía do país así como de celebralo, de igual xeito, no noso recuncho vital do Val Miñor e polo que convidámosvos a un convivo de irmandade no Pazo da Escola de Mañufe, o próximo venres 24 de xullo as 20:30h.